Erosion, Transporte e sedimentación
A erosión o transporte e a sedimentación poden estar producidos por varios axentes xeolóxicos. Estes axentes xeolóxicos podenn ser:
- Acción xeolóxica de augas continentais: Estas, están repartidas entre augas superficiais e augas subterráneas. Poden ser: Regatos, ríos lagos e glaciares.
- Acción xeolóxica de augas continentais: Estas, están repartidas entre augas superficiais e augas subterráneas. Poden ser: Regatos, ríos lagos e glaciares.
- Regatos: Os regatos son correntes de auga producidas polo desxeo ou pola chuvia que circulan por un canle que non ten un curso fixo. Os regatos producen maior erosión canto máis blando sexa o terreo ou cando máis escasa sexa a vexetación. A acción erosiva dos regatos produce:
Cárcavas: Son surcos en forma de v formados pola erosión dos regatos en zonas cun terreo moi blando, como poden ser as arxilas, areas etc.
Chimeneas de fadas: Son columnas piramidais coronadas por unha gran rocha que evitou o arrastre do materal máis brando que estaba debaixo dela.
Lenares: Son sucos escavados en rochas solubles, como poden ser as calcarias ou o xesos, que estan separadas por columnas que dificultan o acceso a elas.
- Ríos: Son correntes de auga que discorren por un canle ou leito fixo. O río divídese en tres tramos onde predominan a erosión o transporte ou a sedimentación.
Curso alto: Neste tramo hai moita pendente, polo que hai unha gran velocidade da auga favorecendo así á erosión, que permite que o río se encaixe no seu leito. Neste tramo tamén hai transporte, pois os materiais que foron erosionados son transportados polo río aos outros tramos do río.
Neste tramo, pódense observaar gargantas, desfiladeiro (foto) foces ou canóns.
Curso medio: Neste tramo a pendente é menor, polo que o transporte é máis predominante que a erosión. Debido á menor potencia do río, este realiza meandros ou curvas para evitar os materiais máis duros e así poder seguir co seu traxecto. Neste tramo os fragmentos de tamaño medio que o río xa non pode transportar pero si puir e formar cantos rodados, son depositados nas beiras e no fondo formando así os aluvións.
Curso baixo: Neste tramo hai apenas pendente, polo que impide a erosión e o transporte co que predomina a sedimentación. No tramo final, na desembocadura, as partículas máis finas son depositadas a ambos lados do ancho do leito formando extensas chairas de terreo moi fértil, as veigas.

Dependendo das características da costa onde desmboca un río, pode haber dous tipos de desembocadura:
Deltas: Acumulación de sedimentos en forma triangular formadas cando o rio desemoca nunha zona pouco profunda.
Esteiro (foto): Son desembocaduras en costas abertas con correntes intensas que impiden que os sedimentos se acumulen.

- As augas subterráneas proceden da infiltración no terreo da auga da chuvia dos ríos ou do desxeo. Estas augas no interior da terra van moi lentas e , ademais o seu contido de gases atmosféricos provoca a disolución de materiais rochosos. Esta auga producre unha modelaxe peculiar, a cárstica.
A auga da chuvia infíltrase por gravidade a través dos poros das rochas permeables, chegando así ó subsoloonde se acumula formando acuíferos. Esta auga pode ser extraída mediante perforacións de pozos ou xurdir de forma natural nun manantial.
Un acuífero é aquel estrato ou formación xeolóxica permeable que permite a circulación e o almacenamento de agua subterránea polos seus poros ou grietas.
- Os glaciares son enormes e profundas masas de xeo acumuladas en rexións con temperaturas moi baixas. Dependendo da súa localización podemos atoparnos dous tipos de glaciares:
Glaciares de casquete polar: Son os que se sitúan nos polos. Están formados por grosas masas de xeo que cobren extensas rexións continentais. O xeo dos casquetes polares desprázase dende o seu centro con direción ó mar a través de numerosas linguas. Estas rompen en grandes trozos de xeo flotantes ao chegar ao mar, formando asi os icebergs.

Glaciares alpinos: Son os glaciares que se forman en zonas de alta montaña. Nestes glaciares diferenciamos tres partes:
- Circo glaciar: É a parte máis elevada do glaciar. trátase dunha zona cóncava onde se acumula a neve caída e se transforma en xeo. Se as condicións climáticas cambian o xeo retírase e forma un lago.
- Val glaciar: É a canle pola que discorre a masa de xeo ou lingua glaciar cunha velocidade entre os 10 e os 100 metros anuais. A acción do xeo e da moreas (fragmentos rochosos), escava o fondo e as paredes laterais do val, adquirindo así a súa foma típica en "U"
- Frontte glaciar: É a parte máis baixa do glaciar onde o xeo se funde e da orixe a un torrente ou a un río. Nesta parte as moreas son depositadas.
- A acción xeolóxica das augas mariñas: A auga do mar é a responsable da modelaxe que sofre a costa, onde entran en contacto o mar e os continentes.
- Erosión do mar: Prodúcese polo choque das ondas contra as costa. Dependendo de varios factores( como é o grao de dureza das rochas, a disposición das rochas ou a existencia de fracturas ou fallas) resulta unha ou outra modelaxe costeira. As formas de erosión máis característica da acción mariña son: acantilados, plataformas de abrasión, arcos naturais, covas (foto), illotes, calas, baías e enseadas.
- Transporte e sedimentación mariños: Os materiais arrincados durante a erosión e os traídos polo río son transportados polas ondas e as mareas e depositados segundo o tamaño en distintas zonas da costa. Os fragmentos máis grandes son depositados aos pés dos acantilados. Os cantos, as gravas e areas son transportadas ao longo do litoral e son depositado, xunto con cunchas formando as praias, as barras litorais e os tómbolos(foto).
- A acción xeolóxica do vento: O vento é un movemento do aire provocado pola existencia na a atmosfera de zonas con diferentes presións. O aire circula das zonas de altas presións cara as zonas de baixas presións.
Erosión eólica: O vento, por si só, é un axente erosivo pouco potente. Sen embargo, o seu efecto aumenta ao levantar e transportar pequenas partículas que desgastan en perforan as rochas ao golpealas.
Deflación: Levantamento de partículas soltas do solo.
Corrasión: É o desgaste das rochas tras o impacto de pequenos fragmentos impulsados polo vento.

Transporte e sedimentación eólica: Segundo a intensidade da corrente de aire e o tamaño das partículas, o vento pode transportar fragmentos mediante reptación, saltación e suspensión. Ao perder intensidade, os fragmentos son soltados e forman:
- Dunas (foto): Montículos de forma variable orixinados ao chocar a area transportada cun obstáculo que frea o seu avance. Se o obstáculo é moi grande, a duna non pode sobrepasalo, polo que a dua será inmóbil, e si consigue pasar, será móbil.
- Loess: Son zonas de depósito das partículas máis finas transportadas polo vento despois de ser arrastradas durante varios kilómetros.